Dúas curtas do IES finalistas no festival audiovisual OLLOBOI

Dúas das curtametraxes realizadas polo alumnado de comunicación audiovisual de 2º bac este ano resultaron finalistas nos premios de audiovisual escolar Olloboi, o festival de referencia en Galiza no ámbito escolar. 
A curtametraxe "Cores" é finalista na categoría de mellor montaxe:


 A curtametraxe "Éxtase barroca" está nominada na categoría de mellor fotografía. 


As alumnas e o alumno creadores destes excelentes traballos son: Iria Souto, Ingrid Pereira e Borja Pedreira (CORES) E Sara Domínguez, Paula Pino e Candela González (ÉXTASE BARROCA). 
O venres 11 de maio desprazaranse a Boiro para  asistiren á cerimonia de entrega de premios. Sorte e parabéns polo traballo. 

Comentarios