Por segundo ano consecutivo, o Concello de Salvaterra celebra o seu festivo local no aniversario da vila, o 24 de maio. E tamén por segundo ano, convoca aos escolares do concello a recrearen a nosa historia local a través de traballos artísticos manuais, tales como murais, cadros, maquetas etc.
Cada ano o certame artístico ten máis repercusión e nel participan rapaces escolarizados en todos os centros de ensino do concello. O acto de entrega dos premio é o propio 24 de maio nas covas de Dona Urraca.
Por parte do noso instituto foron premiados Tatiana Bernárdez, Sara Ferreira e María Eduarda Silverio de 1ºESO A, e Anxo Fernández, Daniel Álvarez e Santiago Álvarez de 1ºESO B. Moitos parabéns a tod@s!!
Comentarios
Publicar un comentario