Este curso tivemos a sorte de recibir un dos meirandes tesouros do noso patrimonio literario e histórico. O pergamiño Vindel, coas sete cantigas de amigo de Martín Codax, estivo exposto temporalmente no Museo do Mar en Alcabre ata comezos de marzo. Así, este testemuño da lírica medieval de máis de 700 anos, volveu debruzarse diante das Ondas do mar de Vigo que un día o inspiraron.
Lamentablemente, o Vindel xa cruzou o Atlántico outra volta para acubillarse na Morgan Library de New York, os seus actuais propietarios, e descansar despois de ser contemplado por milleiros de galegos que acudiron á exposición organizada pola UVigo e a Consellería de Cultura.
Entre eles, o noso alumnado de 3ºESO, que para render homenaxe a Martin Codax e o Vindel, fixeron estas variacións das súas cantigas. Velaquí a homenaxe a tan prezado tesouro.
Comentarios
Publicar un comentario