@s teatreir@s do do Miño puxeron o colofón a un ano de intervencións dramáticas, cómicas e poéticas coa estrea mundial dunha obra de seu: A RÚA
Na peza participan os 17 integrantes fixos do grupo de teatro e foi escrita a varias mans por eles mesmos. trátase dunha historia ambientada nun instituto un grupo de "malotes" non deixa de meterse en líos a partir da misteriosa desaparación dunha navalla. Estes so os maleantes que integran a pandilla "A rúa" xunto cos demais rapaces coas inquedanzas propias do alumnado en canto notas, amizade e amoríos, que converten a obra nunha comedia moi realista.
A obra estrenouse o pasado 20 de xuño na aula de usos múltiples, onde tamén tiveron lugar os ensaios, e realizáronse dous pases, o primeiro para o alumnado de 1º e 2º ESO ás 16:30 e o final ás 17:20 para o resto dos compañeiros.
Cómpre poñer en vlor a peza, non só pola escribir a rapazada teatreira e reflectir as súas preocupacións e emocións, senón tamén polos arranxos musicais que acompañaron os tres actos, todos de moi distinta natureza.
Así, houbo un trap made in Salvaterra da banda A Rúa, unha balada orixinal cantada por Jéssica Valije acompañada ao piano por Lucía Vázquez, e unha córeo co "All you need is love" a xeito de coreografía grupal. Ou sexa, que non lle faltou de nada e que o pasaron xenial, tanto a rapazada teatreira como os profes do grupo de teatro -Sonia e Iago- que tamén tiñan os seus papeis. Por certo, ao finalizar a obra, @ tetreir@s mostraron o boa xente que son ao facerlle unha despedida moi emocionante ao profe Iago Castro, que cambia de centro pero a quen sempre lle acordaran estes marabillosos anos en Salvaterra.
Comentarios
Publicar un comentario