Dentro da programación do "Magosto" deste ano tivemos a ben facer unha animación de terror para todo o IES, foi un pasadizo do terror, o noso centro aséntase sobre un antigo psiquiátrico, os que por alí pasaron en tempos xa non viven, ou si? O caso é que o barullo das aulas que hai hoxe non lles agrada moito e quixéronolo demostrar. Tamén fixemos un obradoiro de baile tradicional no ximnasio e un obradoiro de cabazos, mirade que bonitos quedaron. Non faltou o xadrez e, por suposto, as castañas asadas.
Comentarios
Publicar un comentario