Escape room portátil: "O Legado de Verne"

Os lectores e lectoras de 1º ESO, dos clubs de manga e de narrativa, 
foron convocados para unha misión: 
Salvar o mundo do inminente choque dun meteorito,
que chegaría á Terra o día 31 de maio de 2019 as 12 da maña,

Esta tarefa so foi posible grazas ao traballo en equipo e aos seus coñecementos sobre Xulio Verne, 
este escritor xa tiña coñecemento deste terrible perigo e deixou agochada a solución nas súas novelas
e en 4 caixas misteriosas con 7 compartimentos secretos, pechados con candados ou outros sistemas.

Tiveron que seguir as pegadas de Verne polo mundo, recorrendo países,
 descifrando probas matemáticas, de enxeño, manuais, de razoamento...
Nalgúns casos lendo, noutros calculando ou escoitando….todo isto apurados polo tempo… 

As veces unha hora pasa moi rápido…, máis que nunha clase.
Pero, CONSEGUÍRONO!!!
Aquí tedes a proba:


Participaron 36 rapaces e rapazas que ao final foron agasallados cun diploma.


Dúas monitoras de eskapark.com/, presentaron o xogo, supervisaron e axudaron aos participantes.
Material gráfico, audiovisual, probas especiais e diferentes obxectos necesarios para superar
 as probas mediante: lectura, enxeño, traballo en equipo e algunha proba audiovisual.
Unha actividade que nos encantou...

Comentarios