O MEU GALEGO VIRTUAL:::

En realidade non é virtual que é moi real. A corentena levounos a todos á nosa dimensión "en liña" e puxo á proba os nosos coñecementos de galego cibernético. Que ninguén tolee, que é igualiño ao galego de carne e óso. Se tes algún atranco, aí van uns conselliños para mellorar o teu galego "VIRTUAL":

1. NON O DIGAS EN  INGLÉS, DÍO EN GALEGO:

Como usar los hashtags de manera correcta en Instagram y TwiterBen nos gusta fardar do noso coñecemento de linguas, pero é ben non mesturar: pasword, hashtag, mail... As formas galegas son estas:
O CANCELO ou A ETIQUETA, #euquedonacasa, o cancelo máis retuiteado, podes etiquetar aos teus amigos nas Redes Sociais. Nada de hashtag nin de hashtog.
O SEGUIDOR isto vai para os intagramers aos que lles encanta ter followers, o que teñen é seguidores sexan moitos ou poucos.
A APLICACIÓN e nada de app. Abalar móbil é unha aplicación para contactar coas familias.
O ALCUME Ás veces non nos recoñecemos nas redes polos nicks que temos. Mal, non son niks son alcumes. ALCUME, ALCUME, ALCUME...
A LIGAZÓN deses exercicios, dese video. Nada de links.
O TELÉFONO INTELIXENTE e non o smarthphone, aínda que xa non se usa moito esa distinción que son todos ben listiños.
O PIRATA INFORMÁTICO, malísimo pero non hacker. PIRATA, de toda a vida.

Se te mareas cos termos en inglés para o mundo virtual, bótalle un ollo a este video:





2. NON TE CONFUNDAS COS XÉNEROS:
O CONTRASINAL Si, así en masculino, que ás veces tamén se nos cola o castelán. Aclaramos the password, la contraseña, o contrasinal. Tres linguas nunha!

A AULA VIRTUAL. As aulas son femininas e non classroom, iso o de google que é americano.





3. APRENDE A FALAR DO CORONAVIRUS:

Se botas a lingua a pacer, faino con vocabulario bastante. Aí van unhas palabriañas nivel pro para falares sen parar:




4. E NON DIGAS *MASCARILLA!:
Nin mascarilla nin baratilla, dise MÁSCARA!





5. EN FIN... TOCA TELETRABALLAR E QUEDAR NA CASA:
O cancelo #quedanacasa está a ser moi usado e iso fainos lembrar que o verbo quedar non é pronominal, como casar, morrer e unha chea deles máis:




Comentarios