Resultados das votacións da SEMANA DO CINE EN GALEGO 2020:::

 Rematou unha intensa semana de cine no IES SALVATERRA DE MIÑO, desde o Equipo de Dinamización agradecemos a colaboración do todo o profesorado e alumnado na boa marcha da actividade e aproveitamos para desexarvos FELICES FESTAS.

Moitos quedastes con ganas de escribir os vosos comentarios e críticas cinematográficas, podedes deixalas a seguir en forma de comentario. Nos resultados vemos que películas foron as que máis gustaron. As incidencias que tivemos foron por motivos técnicos, destacando as de 1º Bacharelato que tiveron mala visión na pantalla nun grupo e noutro que non había son adecuado trasladámonos á biblioteca. Polo demais houbo algún filme que non se deu rematado no seu horario e completouse ao día seguinte. 


Comentarios