Xa concluíu a edición de 2021, durante esta semana veremos nas clases participantes os videos nos que os seus representantes loitaron contra os nervios para conseguir a victoria. Quen gañou? Todos, porque a cousa andivo xusta e houbo premios para todas as persoas e aulas participantes. Dicir que os representantes de 1ºB e 2ºA foron os que máis puntuación acadaron e, polo tanto, o premio maior.
No calendario que temos a seguir vemos como foi o procedemento; na primeira semana, a última de abril foi para inscribirse e hai que destacar que a participación foi alta, aínda que era voluntaria, en moitas clases case chegou ao 100%. A segunda fase foi a do concurso nas clases. Desta saíron os representantes de cada grupo para a final que se celebrou na biblioteca o día 13 de maio, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene.
Neste cartel vemos quen foron eses representantes, pero hai un erro nunha das clases, en realidade estas son as persoas que se someteron aos focos e á cámara na final:
1ºESO-A CARLOS RAMA GARRIDO / VALERIO GUTIÉRREZ DOMÍNGUEZ
1ºESO-B ÁNGEL DASILVA FERREIRA / TIAGO DONÍ GONÇALVES
1ºESO-C FELIX CASTRO ACUÑA / IRIA SEOANE PEREIRA
1ºESO-D NAROA ESTÉVEZ MONTES / GEMA BAZ BERMÚDEZ
2ºESO-A DANIEL FERREIRA FERNÁNDEZ / FELIPE RIBEIRO DOS SANTOS
2ºESO-B CARLOS PAZO CASTRO / DARÍO VILA PEREIRA
2ºESO-C SARAY RODRÍGUEZ LAGO / ALEXANDRA MARTÍNEZ CHAMORRO
2ºESO-D IKER JUSTE PÉREZ / JAVIER FERNÁNDEZ COTO
A final estivo chea de nerivos, moitos profes e só os finalistas; unha cámara gravou todo para que os demais tamén poideran gozar do espectáculo do PASALETRA! Velaquí un par de fotos...
Comentarios
Publicar un comentario