Velaquí algunhas das imaxes da actividade que se desenvolveu na nosa biblioteca nas últimas horas. Hoxe estanos visitando CARLOS MEIXIDE quen nos descubre ao alumnado de 3º da ESO os recunchos ocultos da produción e distribución literaria da súa serie dos cinco de ONS-GUITIRIZ-CANS-AROUSA.
Onte visitounos a cantante XOANA, quen nos falou do seu bo facer musical e da súa relación coas linguas, animándonos a escoitar a música máis próximas que é a que o sistema mantén máis afastada. Mesmo nos cantou a capela: deixamos un vídeo para recordalo.
Comentarios
Publicar un comentario