SALVATEATRO 2021-2022:::

Tal e como viñamos informando e tal e como se presentou hoxe na reunión inicial, VOLVE SALVATEATRO  e faino condicionado pola situación sanitaria. Para participar tedes que entregar na BIBLIOTECA a vosa autorización para quedar os mércores ao mediodía. Se non puideches vir á reunión, podes pasar nos próximos recreos e recoller alí a túa instancia.

AQUÍ iremos publicando o calendario e indicando quen ten que vir e cando. De momento esta é a previsión para os próximos días:

MÉRCORES 26 xaneiro: TODOS

MÉRCORES 02 febreiro: Só quen participa na formación de RADIO.

MÉRCORES 09 febreiro: Só quen participa na formación de RADIO (neste día inclúe a 5ª e 6ª horas da mañá e a primeira da tarde)

MÉRCORES 16 febreiro: 1ºESO-4ºESO-1ºBACHARELATO.

Calquera dúbida pasade pola biblioteca ou contactade co coordenador por correo 
Manuel Rosende
manuelrosende@iessalvaterramino.edu.es

 

Comentarios