Arranca o ENTROIDO no IES DE SALVATERRA:::


Cada día da semana, unha cousa, un elemento caracterizador (unha gorra, unha camisola, algo de atrezzo...). O luns algo relacionado co cinema, o martes coa música, no mércores deporte e o xoves personaxes históricos... e o venres? disfrazados ao 100% e do que máis nos apeteza.

Ademais, no corredor que vai entre CONSERXERÍA-BIBLIOTECA estará aberta a EXPO Entroidos Tradicionais, organizado polo EDL e polo alumnado de 1º e 2º da ESO. Veremos a visión do alumnado do entroido e haberá sorpresas, coma traxes dalgúns deses entroidos (na biblioteca) Seremos capaces de recoñecelos? Semana intensa na que o mércores teremos a "plantación" e maila visita de PAULA CARBALLEIRA.

O venres festival de entroido organizado polo alumnado de 4º da ESO.

E QUE VIVA O ENTROIDO!

 

 

Comentarios