Hoxe celebramos na BIBLIOTECA do IES Salvaterra de Miño a 1ª Xornada de introdución á RADIO escolar, un proxecto da biblioteca do centro, que está a aplicar o proxecto de RADIOBIBLIO neste curso 2021-2022. Xa se poden escoitar nesta ligazón os primeiros programas que temos producidos. O profesor é Pablo García, locutor de Radio Estrada. Pola mañá estamos coñecendo todos os fundamentos teóricos para facer radio. A partir das 15.30h traballaremos de forma práctica, poñendo en uso todos os contidos que estamos traballando. Está a ser unha xornada moi agradable e na que estamos a aprender moitas cousas, en breve iremos poñendo estas aprendizaxes en uso.
Comentarios
Publicar un comentario