Cinco alumnas do IES Salvaterra de Miño realizaron cadensúa entrevista a mulleres do seu entorno para visibilizar oficios realizados por mulleres que a día de hoxe entran na normalidade, pero que non hai moito tempo eran espazos vetados a elas polo simple feito de seren mulleres. Foron valentes ao poñerse á fronte de actividades empresariais, ao guiar un taxi, ao crear no mundo do teatro ou traballando en espazos moi masculinizados como as canteiras ou metal. Son pioneiras pois hoxe xa non é tan extraño que no IES estuden mozas soldadura, porque non é raro que nais, tías ou avoas teñan oficio e o fagan xenial, non é raro xa ver unha taxista ou unha presentadora de informativos. Non sempre foi así e cómpre recordalo. Festexamos estes avances dando novos pasos. Velaquí esta serie de cinco entrevistas con mulleres valentes e pioneiras. O noso agradecemento tanto ás alumnas que realizaron o traballo como ás mulleres entrevistadas como ás profesoras que coordinaron este proxecto para o 8 M no IES SALVATERRA DE MIÑO.
Comentarios
Publicar un comentario